Sunday 05 de May de 2024

Máis de 350 nenos e nenas participan na clausura dos cursos municipais de ballet, patinaxe artística e ximnasia rítmica


Máis de 350 nenos e nenas participaron  na clausura das actividades municipais de ballet, patinaxe artística e ximnasia rítmica. Os diferentes grupos e formacións arrancaron os aplausos dun público que abarrotou o pavillón Castelao I. Cada unha e un deles demostrou sobre a pista o aprendido ao longo de todo este ano, ao ritmo de animados temas musicais ben coñecidos. Entre os que acudiron estivo o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado dos concelleiros de Deportes e Cultura, Ana Soneira e Xosé Manuel Mira respectivamente. Ademais dos alumnos e alumnas dos cursos organizados polo Concello no acto tamén participaron integrantes de ANPAS dos colexios O Mesón do Vento, Campomaior e Castelao. Tamén hai que citar ás escolas dos concellos de Trazo, Tordoia e Carballo, así como os clubs de patinaxe Galia, Conxuro Laracha e Lubiáns.